ASOCIACIÓN

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

@agpxc

ES
https://xestoresculturais.gal/

Overview

About Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Os obxectivos da Asociación son:

A representación, xestión, asesoramento, defensa e fomento dos intereses profesionais dos técnicos e xestores culturais galegos.

O establecemento de servizos propios, de interese común, e en especial: asesoría técnica, xurídica, económica ou fiscal para mellor defensa dos intereses profesionais das persoas asociadas.

Promover a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional das persoas asociadas, así como a unificación de criterios e sistemas, servindo con obxectividade aos intereses xerais no marco dun Estado de Dereito.

Reforzar a consolidación da figura profesional do xestor cultural.

Promover o debate e a reflexión sobre cuestións de interese colectivo no campo das políticas culturais e da Xestión Cultural.

Favorecer o intercambio de información, de ideas e de experiencias, así como a formación, entre os xestores pertencentes á asociación.

Contribuír á formación doutros colectivos vinculados coa xestión cultural.

Servir como órgano de comunicación e interlocución aos organismos de formación para a Xestión Cultural, así como a cantos organismos públicos ou entidades privadas se considere, co fin de mellorar a programación, desenvolvemento e avaliación da actividade cultural.

Vincular as nosas actuacións con outras iniciativas similares realizadas no resto do Estado ou a nivel internacional.

Promover o desenvolvemento da cultura da participación activa e comprometida, así como contribuír á difusión da pedagoxía democrática en todas as nosas actuacións.

Todas aqueloutras actuacións que se estimen oportunas no ámbito da Cultura e que persigan beneficio social para Galicia e para a propia Asociación e os seus membros.

Headquarters

-

Website

https://xestoresculturais.gal/

Company Size

-

Industry

-

Company Type

-

Founded

-

Specialties

-

Posts