Back to Populer
Image 1 - Join the My Rural Mentor Initiative: Mentor Selection Begins in Igaxes | Populer Platform
Image 2 - Join the My Rural Mentor Initiative: Mentor Selection Begins in Igaxes | Populer Platform

Join the My Rural Mentor Initiative: Mentor Selection Begins in Igaxes

Tras a presentación do proxecto My Rural Mentor na sede de Igaxes no Barco de Valdeorras, comezamos unha nova fase: a selección de mentoras e mentores que queiran formar parte desta iniciativa.

My Rural Mentor busca con isto, fortalecer as oportunidades da mocidade en contornas rurais a través dun modelo de mentoría en tres niveis: mentoría individual, mentoría grupal e mentoría comunitaria. A idea é conectar á xente nova con persoas adultas de referencia que poidan acompañala, orientala e motivala no seu desenvolvemento persoal e social.

Durante os próximos meses recrutaremos e formaremos #mentores locais que participarán e apoiarán proxectos comunitarios coa mocidade, ademáis de colaborar en actividades e encontros que reforcen a vida comunitaria.

O talento, a experiencia e compromiso que existen no territorio son unha oportunidade para construír comunidade e animar a mocidade a formar parte dela.

#NingunhaMozaSenFuturo #NingunMozoSenFuturo #igaxes #MyRuralMentor #ErasmusPlus #Injuve

Shared byLogan Noor - 2 months ago

Log in to comment
Loading ..